OBRADOIRO DE ESTHER CUADRADO, ADAPTACIÓN DE MATERIAIS

O vindeiro 25 de abril teremos o pracer de ter con nós outra a vez a Esther Cuadrado, esta vez virá a ensinarnos a todos como adaptar para nenos e rapaces con trastornos de comunicación e TEA, fai pouco que estivo en Cambados coa Asociación Por Dereito, e agora estará con nós. O horario do obradoiro será de 11:00 a 14:00 horas.

O Obradoiro promete ser moi interesante e práctico, estas son as cousas que Esther nos vai a ensinar:

-Nocións  ou principios básicos para a adaptación de material
-Adaptación de contos
-Adaptación de comics
-Adaptación de cancións
-Libros de texto e material complementario
-Lapbooks
-Pictoesquemas
-Educación emocional
-Anticipacións- guions
-Lectoescritura práctica

E tamén vainos adiantar un pouco sobre un novo proxecto que ten entre mans.



Para anotaros so tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN, tedes ata o dia 20 de abril para facelo,

O obradoiro será gratis para os socios de CAPACES e para os no socios terá un custe de 15 euros.

LUGAR : COLEXIO FINGOI (Rúa Aviación Española 27)
Non perdades a oportunidade!!!

            Foto do obradoiro en Cambados

Comentarios