26 RESTAURANTES E CAFETERIAS DISPORÁN DE MENÚS ADAPTADOS CON PICTOGRAMAS E IMAXES

Videomostra da carta adaptada con imaxes e pictogramas

Dende Capaces Lugo seguimos traballando  para mellorar a vida das persoas con Trastornos del Espectro Autista (TEA), e particularmente dos nenos. Froito deste traballo presentamos hoxe o proxecto de accesibilidade cognitiva, concretamente a iniciativa levada a cabo en diversos locais de restauración da cidade de Lugo consistente na adaptación de cartas con imaxes e pictogramas de Arasaac.

 Estas cartas, realizadas con apoio de pictogramas e fotos reais, facilitan que poidan expresar os seus desexos e mellorar a capacidade para comunicarse co su contorno, vendo favorecida a súa  autonomía e a  súa verdadeira inclusión social.

Cumple tamén a función de visibilización e concienciación dunha problemática da que gran parte da sociedade é allea: a diversidade funcional das persoas, neste caso con autismo, e a necesidade de incorporar medidas de accesibilidade cognitiva no noso entorno que faciliten o seu  desenrrolo  persoal e  como cidadáns.

Este proxecto contou coa inestimable colaboración de Lugo Monumental, que ven participando coa nosa asociación en diversos proxectos e que manifiesta a  súa disposición a seguir facendoo, a Asociación de Hosteleros de As Fontiñas, cuia totalidade de socios participan no proxecto que hoxe presentamos e a  Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (APEHL).

Á iniciativa que se presenta sumanse 26 locais, pero dende CAPACES LUGO facemos unha invitación a sumarse á mesma a cantos o desexen dirixindose á  asociación a través do correo electrónico capaceslugo@gmail.com ou no teléfono 619 17 08 90.


Os 26 locais colaboradores do proxecto son os seguintes:






PEQUENA REPORTAXE EN TELELUGO (a partires do minuto 8:34) : 




A partires de mañá xa os podedes usar nos seguintes locais:








Comentarios