GEY LAGAR EN LUGO CON "PATIOS Y PARQUES DINÁMICOS"

O vindeiro 31 de outubro teremos o pracer de ter con nós a Gey Lagar; Autora do Programa de Inclusión Social: Patios y Parques Dinámicos e nai dun neno con TEA. Convive familiar e  profesionalmente con persoas de diferentes idades e manifestacións do autismo. Licenciada en Xeografía e Historia, Técnico Superior en Educación Infantil, posgrado da Universidade de Alcalá de Henares en Experto en Trastornos do Espectro Autista (TEA), terapeuta de Habilidades Sociais a través do Xogo e o Movemento na Asociación Asperger Asturias. Membro de AETAPI e da Plataforma de TEA Asturias.



PROGRAMA DO CURSO

O Xogo como ferramenta de Inclusión.
Introducción ó  Programa de Patios y Parques Dinámicos onde se reflexa a importancia do Xogo para calquer neno ou nena como ferramenta de aprendizaxe, de disfrute e de Inclusión.
Programa de Patios Dinámicos: Intervención en contexto escolar para alumnado con TEA.
O programa de Patios Dinámicos e unha ferramenta de Inclusión escolar, mediante a cual o momento do recreo escolar cobra sentido para o alumnado con TEA e se lle fai partícipe do mesmo coma un mais.
A metodoloxía que se utiliza é axustada a alumnado con Trastorno do Espectro do Autismo e a alumnado neurotípico, donde os apoios visuais (Fichas Visuais de xogos e apoios concretos) son a baza fundamental para a comprensión do xogo e o desarrollo do mesmo nun entorno tan distractor como é o recreo. A intervención  realizase en grupos abertos, onde cada alumno o alumna é  libre de participar ou non e que se ten especial coidado en non “etiquetar” ó  alumno o alumna con TEA. O personal que realiza os Patios Dinámicos ten unha amplia formación en TEA e unhas habilidades para motivalos a participar, controlar e explicar as situacions sociais, xestionar as emocions, dende a sutileza e a  profesionalidade.
Se explicará cómo desarrollar unha intervención en contexto escolar inclusiva mediante o xogo.
Además  expondráse a experiencia da posta en práctica e a evolución do programa en Asturias.
Programa de Parques Dinámicos: Intervención en contexto natural para persoas con TEA.
O Programa Parques Dinámicos capacita ás familias das persoas con TEA para que con a planificación, metodoloxía e  as ferramentas adecuadas poida  organizar e disfrutar du  momento de ocio e xogo.
Dividido en catro bloques:
  1. Preparando.
  2. Anticipando.
  3. Xogando.
  4. Despois de xogar.
Dentro de cada bloque  explicase a metodoloxía, materiais a utilizar, e se anima ás familias a realizar os Parques Dinámicos e a aplicalo a calquiera contexto de ocio: unha fiesta de cumpreanos, as vacacións, etc.
Práctica.
Presentaránse varios casos prácticos e se realizará unha dinámica de resolución dos casos por grupos con unha posta en común final.

A QUEN ESTÁ DIRIXIDO
A familias de persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e Asperger, profesionais do ámbito da educación e do ocio e outros interesados no ámbito da intervención de personas con TEA.
HORARIO DO CURSO
O curso comezará ás 10:00 e rematará ás 14:00, con media hora de descanso, ás 9:30 daranse ás acreditacións, e daremos tamén diploma de asistencia.

O LUGAR Colexio de Fingoi, situado na Rúa Aviación Española 37, Lugo.

PREZO
30 euros NON socios
45 euros dous membros da mesma familia
10 euros traballadores da Federación Autismo Galicia e asociacións federadas.
GRATIS SOCIOS DE CAPACES

Para inscribirse tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO de inscripción.
O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA Ó 26 DE OUTUBRO

PRAZAS LIMITADAS



Comentarios