SEGUIMOS ELIMINANDO BARREIRAS DE COMUNICACIÓN

Dende CAPACES LUGO estamos moi contentos xa que, despois dunha visita e presentar o noso proxecto de eliminación de barreiras cognitivas e de comunicación, o CONCELLO DE RIBADEO aprobou o presuposto para colocar uns 300 pictogramas nos centros públicos, tales como o Concello, a Biblioteca, centro de Turismo, Centros Sociais, Casa da Cultura, Piscina, a Escola de Música e moitos máis..., en breve comezaremos e vos ensinaremos o traballo realizado, ademáis de levar tamén o proxecto de cine inclusivo e adaptado.


Comentarios