LA MIRADA DE ÁNGEL: DIARIO DE LA MADRE DE UN NIÑO CON AUTISMO




María Luisa Fernández é a nai de Ángel. Ela vennos contar como comezou a escribir o diario como unha forma de falar co seu fillo Ángel, con TEA e unha importante lesión cerebral. Este libro viu a luz coa colaboración da Asociación Participa e a recaudación dos beneficios da sua venda serán donados integramente á asociación ASPANAES e a casa de Familia para nenos orfos de Addis Abeba, en Etiopía

A publicación destas páxinas busca transmitir os pensamentos e vivencias de María Luisa Fernández ao longo de 18 anos, e reafírmase na procura dunha visión positiva e realista, centrada nas alegrias cotidianas sen esquecer os duelos necesarios polos que temos que pasar.


Podemos contar coa sua presencia este xoves 26 de novembro no salón de actos da Deputación de Lugo de 19:00 a 20:30, PARA PODER PARTICIPAR PODEDES CUBRIR O SEGUINTE FORMULARIO


Na presentación poderase mercar o libro por 12 euros, xa sabedes que o importe integro irá destinado a asociación ASPANAES e a casa de Familia para nenos orfos de Addis Abeba, en Etiopía, que mellor regalo agora que se acerca o Nadal.

Esperamosvos!!!


Comentarios