PONTE NO SEU LUGAR

Comezamos o próximo sábado día 21 de novembro coas nosas actividades para dar a coñecer os trastornos da comunicación coa charla Ponte no seu lugar, que levaremos a diversos lugares da provincia.



O objetivo desta charla é dar a coñecer as dificultades asociadas ao T.E.L. (Trastorno Específico da Linguaxe) para poder comprender os problemas de aprendizaxe que del se derivan.

A charla está concebida como unha charla-taller e durará aproximadamente duas horas. Pretende ser eminentemente práctica para poder comprender  como perciben eles a linguaxe. Comezará cun pequeno esbozo do que é o Trastorno Específico da Linguaxe a cargo da logopeda Macarena Campo. Continuaremos cunhas actividades e vídeos que pretenden achegarnos á realidade dun cativo con T.E.L. para así entre todos poder ver e palpar a complexidade deste trastorno, pois canto máis o comprendamos, mellor saberemos identificar as dificultades cando se plantexen. A idea é que despois poñamos en común as ideas que sacamos de cada actividade e resolver as dúvidas que se vaian plantexando.

Temos que agradecer a AFATEL e à xente vinculada á campaña #Yo Apoyo al TEL que nos facilitasen o material da charla que xa desenvolveran eles en Extremadura.


A QUEN VAI DIRIXIDO
Familias, docentes e público en xeral.

LUGAR
Rúa Aviación Española, 22
LUGO

HORARIO
11:00-13:30

Comentarios