CAPACITANDO (1ª SEMANA SOBRE A DIVERSIDADE FUNCIONAL)

Esta semana que entra (do 14 ao 17 de decembro) vaise celebrar a Primeira semana sobre a diversidade funcional organizada polo CIFP Porta da Agua de Ribadeo, e Capaces Lugo ten o prazer de poder colaborar coa charla Ponte no seu lugar sobre o Trastorno Específico da Linguaxe (TEL).


A nosa participación será o martes día 15 en dous turnos, o primeiro, de 10:00 a 11:30 e o segundo de 12:00 a 13:30. Son actividades abertas a toda a cidadanía, así que animámovos a vir e participar nelas. 


Damos as gracias ao CIFP Porta de Auga por pensar en nos para estas xornadas e por organizar unhas actividades tan necesarias.

DESTINADO A
Estudantes do CIFP e aberto a toda a cidadanía.

LUGAR
Av de Luarca
Ribadeo
(Lugo)

DATAS
Do 14 ao 17 de decembro
Charla Ponte no seu lugar: 15 de decembro (10:00-11:30/12:00-13:30)



Comentarios