RESUME DAS ACTIVIDADES REALIZADAS Ó LONGO DO ANO 2015






Programa de Escola de Familias:

Realizamos un programa destinado ás familias, facendo obradoiros e cursos con profesionais que nos axudan a entender un pouco máis ós nosos fillos e a resolver as nosas dudas.

Neste programa fixemos dúas Escolas de Familias:

-o 25 de abril,”Obradoiro de adaptación de materiais” ó que asistiron 45 persoas, foi impartido por Esther Cuadrado no colexio de Fingoi.









-o 23 de maio, “Habilidades sociais”, ó que asistiron 12 familias, impartido por Marlene Horna no centro social Uxio Novoneyra.


Programa de Ocio Inclusivo:

Realizamos actividades que existen na comunidade, poñendo os apoios necesarios para que poidan acudir a elas con todalas garantias e participando cos demáis, gracias a moitos dos nosos socios colaboradores e voluntarios.

Neste senso fixemos :

Sesión de cine adaptado, o 15 de maio ás 18:00 horas, fixemos unha sesión de cine inclusiva á que podia asistir calquera, a diferencia estaba en que na sala onde se proxectou a pelicula de “Horton” o volume estaba máis baixo e mantiveronse algunhas luces acesas, para facilitar ás persoas con TEA o visionado da pelicula.



Agradecemos a colaboración da Xunta de Galicia, O diario El Progreso, Caixa Rural Galega e Lugo Monumental por facer realidade esta sesión de cine.



Menús adaptados con Pictogramas

Dende Capaces Lugo seguimos traballando para mellorar a vida das persoas con Trastornos do Espectro Autista (TEA), e particularmente dos nenos. Froito deste traballo presentamos hoxe o proxecto de accesibilidade cognitiva, concretamente a iniciativa levada a cabo en diversos locais de restauración da cidade de Lugo consistente na adaptación de cartas con imaxes e pictogramas de Arasaac.

 Estas cartas, realizadas con apoio de pictogramas e fotos reais, facilitan que poidan expresar os seus desexos e mellorar a capacidade para comunicarse con seu contorno, vendo favorecida a súa autonomía e a súa verdadeira inclusión social.

Cumple tamén a función de visibilización e concienciación dunha problemática á que o resto da sociedade é allea: a diversidade funcional das persoas, neste caso con autismo, e a necesidade de incorporar medidas de accesibilidade cognitiva no noso entorno que faciliten o seu desenrolo persoal e como cidadáns.

Este proxecto contou coa inestimable colaboración de Lugo Monumental, que ven participando coa nosa asociación en diversos proxectos e que manifiesta a súa disposición a seguir facendoo, a Asociación de Hosteleros de As Fontiñas, cuxa totalidade de socios participan no proxecto que hoxe presentamos e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (APEHL).

Á iniciativa que se presentou sumaronse 27 locais da provincia de Lugo.






Ocioteca de verán

Durante as vacacións estivais fixemos unha ocioteca para os socios onde se traballou con eles habilidades sociais e comunicación, utilizando espacios como parques públicos e unha sala do centro social Uxio Novoneyra, foron 6 semanas dende o 23 de xuño ata o 31 de xullo.



Tamén temos un grupo de Piscina ós sábados de 11:00 a 12:00 na piscina municipal de frigsa, e Psicomotricidade os venres de 16:30 a 17:30 no centro social Uxio Novoneyra.


Programa de eliminación de barreiras e Concienciación.

Dende CAPACES LUGO queremos agradecer ó concello de Lugo por facer posible a eliminación de barreiras, en particular á Concelleira de Benestar, Ana González Abelleira, xa que se colocaron pictogramas nos Centros de Convivencia UXIO NOVONEYRA, MARUJA MALLO e SAGRADO CORAZÓN, e xa estamos vendo o resto de centros para adaptalos todos, levamos 170 pictogramas colocados nos centros sociais.



Tamén agradecemos ó Concello de Ribadeo por participar neste proxecto de accesibilidade cognitiva, onde colocamos 262 pictogramas nos centros públicos da cidade.




En canto a campañas de Concienciación fixemos varios actos de concienciación ó longo do ano:

Proxección do documental “Planeta Asperger” o 18 de febreiro, no salón de actos da deputación, cunha participación dunhas 80 persoas.

Presentación do libro “Autismo: Relatos de vida” escrito por Manuel Ojea, o 5 de marzo no salón de actos do centro social Uxio Novoneyra.










Gala de Maxia, Música e Danza en favor do Autismo, o 4 de abril, onde participaron artistas de xeito desinteresado para conseguir fondos para as nosas actividades.

Flashmob Polo Autismo, que fixemos en colaboración coa a Banda de Música Municipal de Lugo, o 22 de abril pola mañá.

Hipersintiendo, unha ponencia de Mariano Grueiro, un home con autismo de alto funcionamiento, que falou do autismo en primeira persoa, o 14 de novembro no salón de actos do Vicerrectorado da USC.

Presentación do libro “La mirada de Angel”, o 26 de novembro, no salón de actos da Deputación de Lugo, onde Maria Luisa Fernández, autora do libro e nai de un home con autismo explica a súa experiencia vital.

Charlas- obradoiros “Ponte no seu Lugar” sobre concienciación do TEL, trastornos especificos da linguaxe, charlas impartidas en diferentes colexios da provincia:

24 de novembro no colexio “Insua Bermudez” de Vilalba

1 de decembro no colexio “Covas” de Viveiro

14 de decembro no CIFP “Porta da auga” de Ribadeo

21 de decembro na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo


Tamén fixemos dita Charla-Obradoiro no centro social de Fingoi para todo o que quixera asistir o 21 de novembro.

Colocación de Globos azuis o 2 de abril nas Portas da Muralla de lugo, no Concello e na Deputación.


Participamos unha vez máis na Feira Diversiarte con máis asociacións lucenses e coa colaboración do Concello, o 16,17 e 18 de decembro.

Comentarios