CURSO PECS NIVEL 2





Como xa comunicamos fai uns meses o curso de Pecs Nivel 2 vaise realizar o vindeiro fin de semana do 6-7 de febreiro,  tedes de prazo para inscribiros a partir de hoxe, 4 de Xaneiro ata o 18 de Xaneiro cubrindo o seguinte FORMULARIO INSCRIPCIÓN, unha vez rematado o prazo teredes do 19 ata o 28 para pagar a matricula, non se considerará matriculado aquel, que ainda que cubrira o formulario non realizase o pago antes do dia 28. A matricula pagarase na nosa conta de ABANCA ES46 2080 0101 5430 4005 8556, poñendo no concepto o voso nome e o curso pecs 2.


PROGRAMA

1er día: Este primero día  centrase nun repaso a fondo de cómo implementar cada unha das fases. Os problemas de implementación máis comúns, nas que se inclúen dificultades de discriminación e as estratexias de solución de problemas máis avanzadas. Os participantes practicarán as súas habilidades de PECS baixo a supervisión dos consultores de Pyramid, poderán solucionar os seus propios problemas de implementación e verán vídeos de exemplos de leccions de PECS. Tamén se anima ós participantes a compartir os seus propios éxitos e casos difíciles.O obxetivo é responder ós casos difíciles dunha maneira que non simplemente “arranxe” a situación, se non que resulte en conquerir a propia resolución de problemas. Se aceptan vídeos dos participantes implementando PECS. Por favor, contactade con certa antelación se queredes que o voso  video sexa visto durante a sesión de formación.

2o día: Durante este día  explorarase  a incorporación da comunicación, linguaxe avanzada e a implementación de PECS ó longo do día. Ambas habilidades de comunicación, comprensiva e receptiva, son exploradas centrándonos en incorporar estas habilidades nunha variedade de actividades funcionais. Aportanse ideas de leccions de linguaxe avanzada para alumnos que utilicen calqueira modalidade (por ex: sistemas de reproducción de voz, lenguaxe de signos, fala,…). O día termina con información específicamente relacionada con incorporar oportunidades de PECS ó longo do dia. Os conceptos son explorados ó longo dunha  combinación de vídeos, debates e actividades en pequenos grupos. 



DÍAS
Sábado 6 de febreiro do 2016
De 8:45 a 14:00 y de 15:30 a 17:30
Domingo 7 de febreiro do 2016
De 9:00 a 14:00 y de 15:30 a 17:30

A QUEN VAI DIRIXIDO
A profesionales, profesores, logopedas,terapeutas e familias
 que fixeran o curso de pecs nivel 1
SOCIOS DE CAPACES 150€
NON SOCIOS 180€
Os asistentes recibirán un certificado
 acreditativo da súa participación



PRAZAS LIMITADAS


Se tedes dúbidas podedes chamar ó 619170890 ou mandar email a capaceslugo@gmail.com




Comentarios