PROGRAMA "ESCOLA DE FAMILIAS"

Xa temos as escolas de familias deste ano preparadas, teremos o gusto de volver a ter con nós a Marlene Horna, impartirá dúas escolas de familias, a primeira será o vindeiro  Sabado 12 de marzo de 10:30 a 13:30 sobre problemas de conducta, e a segunda será o sabado 23 de abril, tamén de 10:30 a 13:30, sobre os Irmáns. Ambas realizaranse no Centro Social Uxio Novoneyra.


Tamén teremos outra escola, será impartida por Ángel Bueres Rey, é un dos nosos socios con Sindrome de Asperger, falará con nós e respostará algunha das nosas preguntas, será o vindeiro sábado 27 de febreiro ás 17:00 horas, titularemos esta escola como "Que preguntariades ó voso fillo/a", é unha sorte poder contar con xente como Angel para respostar e contar as súas impresións, tamén estará a súa rapaza Carmen,

Comentarios