ACTIVIDADES PREVISTAS PARA O 2 DE ABRIL

Como xa todos sabedes o 2 de abril é o dia mundial de concienciación de autismo, e dende a asociación CAPACES temos varias actividades previstas nas que esperamos seguir concienciando e informando á sociedade, cousa que temos que facer todos os dias, pero quizáis máis o dia en que o mundo parece que nos escoita ou nos fai máis caso.

As actividades a realizar serán as seguintes:


1. Colocación de globos azuis nas portas da Muralla Romana, nos balcóns da fachada da Deputación de Lugo,  na fachada do Concello de Lugo, e  na fachada do Concello de Ribadeo, e tamén en Ribadeo, haberá durante todo o dia un cartel luminoso onde se recordará que é o dia do autismo.



2. Mesas informativas e pintacaras na rúa, "Pintate de azul polo autismo", estaremos o longo da mañá na Rúa Bispo Aguirre e na Rúa da Raiña, pintaremos a quen queira un corazón azul ou unha peza de puzzle.




3. Ás 12:30 faremos por terceira ano consecutivo o percorrido polo adarve da muralla, sairemos da praza do Ferrol, acompañados por Raiolas Lugo, e percorreremos o adarve ata chegar a baixada na praza Pio XII (diante da Catedral), terminando diante do concello onde leremos un breve manifesto.



4. Participamos na campaña que está levando Autismo España, pasando a remuda polo autismo, xa temos varias fotos colgadas nas redes sociais e moitas remudas repartidas, xa sabedes!!!, #pasaloporelautismo.



5. Como peche final temos unha sorpresa, sobre as 20:00 horas no centro Comercial As Termas, repartiremos información e globos azuis e haberá un evento moi especial, se estades preto non faltedes, vai ser espectacular!!
                                                      
                                                          Pictograma de Arasaac






Comentarios