CURSO DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA NOS TEL

O vindeiro 9 de abril teremos o gusto de ter con nós as Logopedas Mónica Vilameá e a Marina Linares para impartir un curso sobre a intervención educativa nos trastornos especificos da linguaxe.

O Curso será de 10 a 14 horas, con media hora de descanso, e o aforo é limitado, para anotarse só tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO
O prazo para anotarse comenza hoxe 16 de marzo e remata o 31 de marzo.

O Precio é de 15 euros para non socios e gratuito para socios

O Lugar de realización será o Colexio de Fingoi, que sempre colabora con nós cedendonos o espacio en canto o pedimos.
web do colexio fingoi



Istos son os contidos do curso



INTERVENCIÓN EDUCATIVA NOS TEL: ESTIMULACIÓN DOALUMNADO CON TEL.

1. Trastorno Específico da Linguaxe (TEL).
a. ¿Qué é o TEL?
b. ¿Cómo é un neno/a con TEL nas distintas etapas escolares?.

2. Etapa infantil.
a. Detección do TEL na aula de educación infantil.
b. Estratexias de estimulación da linguaxe dentro da aula.
c. A aprendizaxe dos nenos con TEL.
d. Desenrolo social nos nenos con TEL: pautas de axuda.

3. Etapa primaria.
a. Apoio da  aprendizaxe da lectoescritura nos nenos/as con TEL
b. Estratexias de apoio na aula.
c. Estratexias de axuda á  inclusión social dos  nenos con TEL dentro do entorno

escolar.

Faranse casos prácticos e intentarase respostar as dúbidas que teñades os asistentes.

Comentarios