INSCRICIÓN NA ESCOLA DE VERÁN 2016

Como xa moitos sabedes estamos preparando a Escola de Verán 2016, e xa abrimos ó prazo para anotarse, temos 10 prazas, dando prioridade ós nosos socios, pero é moi probable que sobre algunha praza nalgúnha das semanas que a facemos.

A escola comezará o luns 4 de Xullo e ramatará o venres 26 de Agosto, podedes anotarvos as semanas que queirades, o horario é de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres, a localización é na Aula 1 do Centro Social A Milagrosa, dentro do recinto do Parque de Frigsa, iremos dúas veces por semana á piscina descuberta de Frigsa, e tamén faremos saidas todos ós dias á comunidade, aproveitando os recursos e fomentando a autonomía persoal e tamén a inclusión.
Contaremos coa Psicológa e Mestra PT Victoria Barrero como directora da Escola de Verán, e co voluntariado do Campus Terra da USC, e todos os que queirades participar e axudar, recibiredes formación antes de comezar cos rapaces e rapazas.








Para anotarvos só tedes que cubrir o seguinte FORMULARIO, tedes de prazo dende o 6 de xuño ata ó 13 de xuño, e podedes preguntarnos todas as dúbidas que teñades no teléfono 619 17 08 90 ou no correo electrónico capaceslugo@gmail.com.

Se queres apuntarte como voluntario tamén podes facelo cubrindo o seguinte  FORMULARIO VOLUNTARIADO


CONTAMOS CON TODOS VÓS!!!



Comentarios