XORNADAS SOBRE AUTISMO: SEXUALIDADE NAS PERSOAS CON TEA

Xornadas sobre autismo


SEXUALIDADE NAS PERSOAS CON TEA

Matriculación:  Folla de inscrición


Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.

Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato, FP , Terapeutas de persoas con TEA e tamén para familiares de persoas con TEA.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
25

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato convocante sobre as que non son afiliación e os asociados a Capaces Lugo.

Horas
8 horas, todas elas presenciais.

ESTRUTURA DAS XORNADAS:
Combinarán relatorios con obradoiros de aplicación práctica, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades, en atención ao seguinte horario:

Sábado 27 de outubro de 2018

10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 (con descanso tanto a media mañá como a media tarde)

-Lugar: CEIP Illa Verde
 


OBXECTIVOS: 


A construción da propia sexualidade  é unha tarefa moi complexa, un proxecto vital que non remata nunca, por momentos é ilusionante pero noutros é confuso e turbador. En nada axuda  a influencia externa, televisión, publicidade, literatura. Estas correntes nos levan a unha desinformación, confusión e as veces desnaturalización.  Unha vez mais o coñecemento, a autoreflexión, o ollarse para dentro son a clave da diversidade e da liberdade sexual do individuo. En canto á construción  da sexualidade da persoa con espectro autista é un tema aínda mais complexo xa que existe a idea equivocada de que teñen unha sexualidade disfuncional, por non esquecer a súa realidade diaria na que dependen da súa familia e por ende dos valores sexuais de outros.

Nesta  sesión formativa dirixida ós pais, nais e profesionais do sector, pretendemos traballar sobre diferentes aspectos relacionados coa identidade sexual dos seus fillos, os seus procesos de maduración  e a súa conduta sexual. Asemade con este achegamento ás familias lle proporcionamos a ocasión de trasladar as súas inquedanzas a un profesional e poder facer fronte a determinadas cuestións que xorden no día a día da educación e convivencia coa persoa con discapacidade intelectual. A metodoloxía será participada, animada e interactiva, aprenderemos coa autoreflexión, co coñecemento de outras experiencias e con experimentación e debate.

CONTIDOS:



 Concepto de sexualidade; identidade sexual, universo afectivo e o pracer.
 A percepción da sexualidade da persoa con TEA.
 Falamos de sexualidades diversas, tantas como persoas.
 A educación sexual un modelo tripartito e consensuado: persoas con TEA, familia e
profesionais dos centros.
 Os contidos da educación sexual adaptados ás necesidades de cada etapa evolutiva.
 As preguntas e o diálogo cotiá.
 Guía para unha intervención educativa dende a familia, cómo o fago?, qué digo?
 Sexualidade e legalidade.
 A educación sexual en outros centros, programa FADAS.


Nome da persoa coordinadora
  
Beatriz Gómez Felipe


RELATORA


A profesional que vai a levar este encontro coas familias é Débora Baz Rodríguez, Educadora sexual especializada na intervención afectivo sexual con persoas con diversidade cognitiva e funcional, profesional no centro amaturi (www.amaturi.org)

PREZOS

40 euros para persoas non afiliadas ou non socias de Capaces Lugo
20 euros para afiliación de STEG/socias de Capaces Lugo ou en situación de desemprego.



Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o formulario correspondente,cómpre facer o correspondente ingreso no número de conta de CAIXA RURAL GALEGA: ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Matrícula Xornadas autismo ”. O prazo de inscrición péchase o 20 de outubro, máis información no 619170890.


Comentarios