SERVIZOS

Dende CAPACES LUGO ofrecemos os seguintes servizos:


Programa de acollemento ás familias

Con este programa damos información, asesoramento e derivación a terapeutas cos que temos convenios de colaboración, tanto para socios como para non socios.

 Poden facelo a través de chamada telefónica ou  whatsapp ó telefóno 619170890 e ó correo electrónico capaceslugo@gmail.com, ou a través do noso facebook https://www.facebook.com/CapacesLugo/.

Como asociación sentimonos na obriga de axudar a todas aquelas persoas que nolo pidan, sexan ou non socias nosas, estamos para TODOS.


Programa de Ocio Inclusivo:

Realizamos actividades que existen na comunidade, poñendo os apoios necesarios para que poidan acudir a elas con todas as garantías e participando cos demais, grazas a moitos dos nosos socios colaboradores e voluntarios.


Facemos actividades deportivas como piscina e iniciación ó atletismo.

Programa de Accesibilidade Cognitiva:

Este programa levámolo a cabo xunto coa FEDERACION AUTISMO GALICIA.


Colocamos pictogramas de Arasaac en sitios públicos, como as piscinas e establecementos deportivos. Comezamos en Lugo, pero é un programa que tamén estamos levando por toda a provincia, adaptando cidades como Ribadeo, e tamén centros educativos.


Cursos de formación para profesionais e para familias:

Realizamos cursos de formación para mestres, logopedas, psicólogos, terapeutas e para as familias que o soliciten.




Comentarios